AccueilCongresso Galego-Português de Psicopedagogia

*  *  *

Publié le vendredi 02 septembre 2011 par Marie Pellen

Résumé

O X Congresso Internacional Galego-Português de Psicopedagogia vai ter lugar nos dias 6, 7 e 9 de setembro de 2011, na Faculdade de Ciências da Educação da Universidade da Coruña (Espanha).

Annonce

Presentación

Unha nova edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía vai ter lugar no mes de setembro, na Coruña. Xa é o Congreso senlleiro polo que supón de calidade de todas as persoas participantes, polos temas que se debaten, así como por todos os intercambios científicos que se fan e, sobre todo, por todas as achegas e propostas que se traen e se sinalan como necesarias para todos os niveis dos eidos educativos preferentemente de Galicia e Portugal.

Desde aquí convidamos a todas cantas persoas vinculadas aos diferentes niveis dos sistemas educativos de Galicia, España, Portugal e demais países latinos, americanos e africanos para que se sumen ás achegas coas que podemos contribuír ás nosas respectivas comunidades de orixe e redundar, deste xeito, na mellora da calidade educativa.

A calidade educativa enténdese sempre, por unha banda, pola contribución, por parte das administracións responsables, de máis medios persoais-humanos cualificados e, por outra, á calidade dos materiais e recursos técnicos necesarios para o desenvolvemento de todas as actividades de ensinanza-aprendizaxe escolares que cada día acontecen nas diferentes Escolas, Institutos e Universidades e outros ámbitos educacionais dos nosos países. Insistimos que a calidade educativa pasa sempre por estas dúas coordenadas. Neste Congreso, unha vez mais, poñeranse de manifesto e ampliaranse estes dous conceptos e realidades, inevitablemente inseparables.

A través de Conferencias plenarias, Ponencias, Simposios e Comunicacións van a ter lugar os debates, as análises, as achegas e as propostas que todos os e as participantes, a través dos seus traballos e achegas, van a compartir e proporcionar, nunha oportunidade inmellorable, á sociedade e ás administracións educativas beneficiando, sen dúbida, a mellora e a calidade psicopedagóxica dos nosos respectivos sistemas educativos.

Estrutura

O Congreso estrutúrase básicamente con relatorios, comunicacións, symposia e poster.

 

  • Relatorios: por invitación, e a cargo de persoas relevantes do ámbito académico, político ou cultural.

  • Comunicacións: destinadas a presentar investigacións de carácter empírico en calquera modalidade metodolóxica.

  • Symposia: dirixidos a unificar diversas propostas sobre un área temática concreta, realizándose a través dunha presentación coordinada.

  • Posters: exposición dun proxecto ou dunha investigación en fase inicial.

Areas temáticas

  • Avaliación e Innovación Educativas
  • Conflitos e mediación escolar
  • Desenvolvemento e educación no ciclo vital
  • Desenvolvemento vocacional, carreira e desenvolvemento profesional
  • Educación Musical e Dramática
  • Formación de profesores e axentes educativos
  • Formación e transición ao mundo do traballo
  • Interacción familia, escola e comunidade
  • Interculturalidade, inclusión social e educación
  • Interdisciplinariedade e Educación
  • Metodoloxías de ensino-aprendizaxe e desenvolvemento de competencias básicas en educación
  • Modelos e prácticas de avaliación
  • Motivación, aprendizaxe e intervención psicoeducativa
  • Necesidades educativas especiais e adaptacións curriculares
  • Políticas e reformas do ensino superior
  • Psicoloxía da Saúde e Educación
  • Psicoloxía de Maiores e Educación
  • Tecnoloxías e comunicación educativa

Presidentes do Comité científico

  • Manuel Peralbo Uzquiano, Universidade da Coruña
  • Leandro Almeida, Universidade do Minho

Programa

Día 7

12:00 hs.: Entrega de Documentación

15:00-16:30 hs.: Tema: Ecoloxías da aprendizaxe e educación escolar

Conferencia Plenaria Inaugural do Congreso

Conferenciante: Prof. Cesar Coll Salvador (Universitat de Barcelona)

Presenta: Prof. Manuel Peralbo Uzquiano (Universidade da Coruña)

16:45-18:30 hs.: Comunicacións libres, Simposios e Posters

18:30-18:45 Pausa para café

18:45-20:30 hs.: Comunicacións libres, Simposios e Posters

20:30 hs.: Viño de Honra

Día 8

 

 

9:30-12:00 hs.: Comunicacións libres, Simposios e Posters

12:00-12:30 hs.: Pausa para café

12:30-13:30 hs.: Tema: A avaliación dos aprendizaxes como factor de calidade

Conferencia Plenaria II

Conferenciante: Prof. Elena Martín Ortega (Universidad Autónoma de Madrid)

13:45-15:00 hs.: Comida

15:30-17:45 hs. Comunicacións libres, Simposios e Posters

18:00-19:00 hs.: Tema: Os significados da educación na (in)xustiza de menores

Conferencia Plenaria III

Conferenciante: Prof. Ana Iglesias Galdo (Universidade da Coruña)

Presenta: Prof. Juan José Bueno Aguilar (Universidade da Coruña)

19:15-20:30 hs. Comunicacións libres, Simposios e Posters.

Día 9

9:30-12:00 hs.: Comunicacións libres, Simposios e Posters

12:30-13:30 hs.: Tema: Desafío e organización escolar inclusiva

Conferencia Plenaria IV

Conferenciante: Prof. David Rodrigues (Instituto Piaget. Lisboa)

Presenta: Prof. Bento Duarte da Silva (Universidade do Minho)

13:45-15:00 hs.: Comida

15:30-16:30 hs.: Comunicacións libres e Posters

16:30-18:30 hs.: Tema: Técnicas e claves motivacionais para a aprendizaxe na universidade.

Panel de Debate

Coordinador: Prof. José Carlos Núñez Pérez

Intervenientes/Poñentes: Prof. Antonio Valle Arias(Universidade da Coruña), Prof. María A. Muñoz Cadavid (Universidade de Santiago de Compostela), Prof. Miguel Ángel Carbonero Martín (Universidad de Valladolid), Pedro Rosario (Universidade do Minho)

18:30hs.: Sesión de Clausura - Entrega de Diplomas

Forma de pago

pago da cuota de inscrición farase na conta da Fundación da Universidade da Coruña. Unha vez efectuado o pago, deberase enviar o xustificante de pago e o boletín de inscrición cos datos persoais á Secretaria do Congreso.

Secretaria do Congreso - Universidade da Coruña

Sonia Seijas Ramos

Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) Universidade da Coruña, Edificio Facultade de Socioloxía, 1º Andar, Campus de Elviña, 15071 A Coruña. Tel.: 981 167 000 - EXT. 4860 

Juan Carlos Brenlla Blanco

Facultad de Ciencias da Educación Despacho P2A6 Campus de Elviña, 15071 A Coruña. Tel.: 981 167 000 - EXT. 4636

 

Secretariado do Congresso - Universidade do Minho 

Amanda Franco  -  amanda.hr.franco@gmail.com

Marisa Cunha  -  marylips_0@hotmail.com

Ângela Gomes  -  a55479@alunos.uminho.pt

Instituto de Educação, Campus de Gualtar,  4710-057 Braga – Portugal. Tfno: + 351 253 604240. Fax: + 351 253 601 201

Formulário de inscrición: http://www.udc.es/congresos/psicopedagoxia/formularios/formularioB.html

Cuota de inscrición

Estudantes: 80€

Profesionais e Público en xeral: 125€

Lieux

  • Campus de Elviña, Juan Carlos Brenlla Blanco (Facultade de Ciencias da Educación, Universidade da Coruña)
    La Corogne, Espagne (15071)

Dates

  • mercredi 07 septembre 2011
  • jeudi 08 septembre 2011
  • vendredi 09 septembre 2011

Contacts

  • Congreso de psicopedagoxia
    courriel : congreso [dot] psicopedagoxia [at] udc [dot] es

URLS de référence

Source de l'information

  • Marta Maia
    courriel : martamaia72 [at] yahoo [dot] fr

Pour citer cette annonce

« Congresso Galego-Português de Psicopedagogia », Colloque, Calenda, Publié le vendredi 02 septembre 2011, http://calenda.org/205126